Aviso

30/07/2014

Axudas para equipamentos de recepción da TDT vía satélite nos concellos incluídos no Programa de Desenvolvemento Rural Sostible en Galicia

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Medios, en colaboración coa Administración Xeral subvenciona a adquisición de equipamentos para a recepción da TDT a través do satélite no 2014, para familias sen cobertura que vivan nas zonas a revitalizar do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible en Galicia, pertencentes, fundamentalmente, aos concellos do interior de Lugo (está Begonte) e de Ourense.

A axuda será tramitada directamente a través dos instaladores autorizados que colaboran coa Xunta de Galicia.

Para ser beneficiario o interesado deberá presentar a súa solicitude exclusivamente a través de calquera das entidades colaboradoras que foron seleccionadas para este réxime de axudas. A relación de entidades colaboradoras pode atoparse no enderezo da internet http://medios.xunta.es na súa epígrafe axudas. Tamén pode consultarse telefonicamente no número 981 544 234, a través do enderezo electrónico xestion.sxm@xunta.es ou presencialmente nas dependencias da Secretaría Xeral de Medios-Edificio Administrativo San Caetano-Santiago de Compostela.

O prazo para que os beneficiarios presente as solicitudes (a través dos instaladores autorizados) rematará o 30 de setembro de 2014.

Publicación no DOG da axuda (tica)