Aviso

03/06/2015

Programa de axudas da Univerdidade de Santiago de Compostela (USC) e da Deputación de Lugo para estudar no Campus de Lugo.

Se tes un bo expediente académico o rematar BAC, ou FP e te encontras entre os 135 mellores de Galicia en Lugo, a Deputación costea a túa matrícula integra nalgunha das 15 titulacións de grao que ofrece o Campus (matrícula gratis)Prazo 30 de xullo 2015.

E se te matriculas por primeira vez nalgún dos graos seguintes, Deputación de Lugo pagarache o 50% da matrícula:

  • Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
  • Grao en Enxeñaría Civil
  • Grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía
  • Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
  • Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
  • Grao en Lingua e Literatura Españolas
  • Grao en Ciencias da Cultura e Difusión cultural
  • Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
  • Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas
  • Grao en Administración e Dirección de Empresas

Máis información en paraestudarlugo.com