Aviso

23/10/2015

Publicada as Axudas de Liquidez Sector Vacún de Leite. Prazo 30/10/2015

Dende está entidade infórmase de que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente ven de publicar a Axuda Nacional Complementaria destinada a compensar as dificultades económicas de determinadas explotacións de vacún de leite.

A axuda consistirá nun único pago, que se concederá de oficio en función do número de vacas de leite que manteña cada gandeiro.

Recibirán esta axuda aqueles gandeiros cuxas liquidacións polo leite entregado en cada un dos meses de abril, maio, xuño e xullo, situáronse por baixo dos seguintes limiares:

  • Limiar 1: Para os gandeiros cuxas liquidacións en cada un dos meses indicados situáronse por baixo de 0,259 €/litro o importe da axuda será de 300 € por vaca.
  • Limiar 2: Para os gandeiros cuxas liquidacións en cada un dos meses indicados situáronse por baixo de 0,285 € /litro o importe da axuda será de 110 € por vaca.

Na páxina web do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente se pode consultar a relación provisional de potenciais beneficiarios.

Unha vez que confirmas que es beneficiario deberas acceder a un formulario para cubrir uns datos (instruccións formulario).

Prazo para confirmar os datos do beneficiario o venres 30/10/2015.

Toda a información ticando no seguinte enlace Axudas de liquidez para el sector vacún de leite.

Para máis información neste concello poden dirixirse, as oficinas municipais e preguntar polo AEDL ou chamar o 982 396 143.