Aviso

29/01/2016

Axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2016, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

O obxecto desta orde é convocar en réxime de concorrencia competitiva 150 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2016, do alumnado universitario matriculado no curso 2015/16 nalgunha das tres universidades do Sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED en Galicia coa finalidade de coñecer a lingua dese país.

As actividades para as cales se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2016, ambos inclusive.

Prazo de presentación : 29/01/2016 - 14/03/2016.

Toda a información ticando en Sede electrónica Xunta.