Aviso

21/02/2017

Convocatoria de probas para a obtención de título de Graduado en ESO para maiores de 18 anos e Bacherel para maiores de 20 anos.

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización. Consulta en DOG Nº28 de 09/02/2017.

Os prazos de matrícula serán:

  • Convocatoria de xuño: do 13 de marzo ao 24 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.
  • Convocatoria de setembro: do 3 ao 10 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos.

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización. Consulta en DOG Nº28 de 09/02/2017.

  • O prazo de presentación das solicitudes será entre o 24 de febreiro e o 10 de marzo de 2017.