Aviso

20/11/2013

Convocatoria recoñecemento competencias profesionais en Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio e…

Inscrición no procedemento de recoñecemento da competencia profesional

A Dirección Xeral de Emprego e  Formación, publicou a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. DOG NÚM. 216 de 12-11-13 :

-         O prazo de inscrición para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 500 prazas; atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 500 prazas; servizos para o control de pragas (SEA028_2) e información xuvenil (SSC567_3) será de 30 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. 

     Prazo de presentación : 13/11/2013 a 12/12/2013

-         O prazo de inscrición para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2) e socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2) abranguerá desde o 1 ao 31 de marzo de 2014, inclusive.

Máis información en http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional  e para facer a inscrición podes ticar neste enlace https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=TR&codProc=305A&procedemento=TR305A  , despois en modelo de solicitude e cubrilo.