Nova

03/10/2013

I CONCURSO DO CENTRO DE DÍA DE BEGONTE “A Oportunidade de Ser Maior” Modalidades de fotografía, debuxo e relato curto.

cultura Admisión de traballos: antes do 30-10-13

Bases do I Concurso  "A Oportunidade De Ser Maior" do Centro de Día de Begonte

O Centro de Día de Begonte, pertencente á rede centros de atención a persoas maiores do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia,  convoca o I Concurso “A Oportunidade de Ser Maior”, coas modalidades de fotografía, debuxo e relato curto. 

1.            OBXECTO

O día 1 de outubro se celebra o día Internacional das Persoas de Idade, coa finalidade de recoñecer a contribución dos adultos maiores ó desenvolvemento humán e económico, así como resaltar as oportunidades e os retos asociados ó envellecemento demográfico mundial. O centro de día queremos sumarnos á celebración desta data co presente concurso.

O obxecto do concurso é promover a visibilidade, a valorización e a reflexión entre a cidadanía sobre as persoas maiores no seu conxunto dende a perspectiva e modalidade do concurso que o/s autor/es desexen outorgarlle ao traballo presentado.

2.           DESTINATARIOS

Poderán ser participantes no concurso calquera cidadán ou cidadá que entregue o traballo no prazo e lugar indicados, independentemente da súa idade. Poderán presentarse candidaturas a unha, dúas ou ás tres modalidades do concurso. Así mesmo, as participacións poderán realizarse de forma individual ou en grupo.

3.           REQUISITOS

Cada traballo presentado deberá ir acompañado dunha folla, metida en sobre pechado, na que se indiquen os nomes, teléfono de contacto, correos electrónicos e concello de residencia do/s autor/es do mesmo. Pola parte exterior do sobre irá o título que facilite a identificación do traballo. Así mesmo, os traballos poderán ir voluntariamente acompañados dunha breve explicación/descrición do seu contido, nunha folla aparte do sobre.

As fotografías deberán ser presentadas en papel fotográfico, cun tamaño mínimo de 20X25 cm. e un máximo de 30X40 cm. Queda a libre elección dos participantes o tipo de técnica a empregar (analóxica ou dixital), a modalidade (branco e negro ou cor) e a utilización ou non de manipulación dixital.

Os debuxos deberán realizarse nun folio DIN A3

Os relatos curtos non deberá exceder os 3 folios de extensión a Times New Roman, espazo 1,5 e tamaño 12.

O conxunto creativo de calquera das tres modalidades (debuxo, fotografía e relato curto) terá que ser orixinal, en caso de existir algún tipo de plaxio ou copia doutros documentos procederase a excluír o/s traballo/s do concurso.

4.           DATA E LUGAR DE PRESENTACIÓN

Os traballos fotográficos achegaranse debidamente presentados no Centro de Día de Begonte antes do 30 de outubro de 2013. Os traballos tamén se poderán remitir ao Centro de Día de Begonte vía postal á seguinte dirección: Rúa da Praza nº2 – Baixo – 27371 Baamonde (Begonte).

5.           PREMIOS

Os premios serán un total de 6:

·         3 Primeiros premios (un por modalidade)

·         3 Segundo premios (un por modalidade).

·         3 Vales (un por modalidade)

6.           XURADO

O xurado estará formado por persoas maiores do centro de día e persoas de relevancia no concello de Begonte.

O xurado valorará os traballos de cada modalidade por separado ignorando a autoría dos mesmos ata o momento da entrega de premios para garantila transparencia do proceso.

Posteriormente á valoración dos traballos o xurado emitirá unha decisión final inapelable. O xurado tamén poderá outorgar mencións atendendo a calidade das obras.

7.           ENTREGA DE PREMIOS

A entrega de premios celebrarase o venres día 8 de novembro ás 17:00 horas.

No acto de recollida de premios será obrigada a asistencia do autor ou autores da obra ou da persoa en que delegue. En caso da non asistencia do autor/es ou da persoa en que este delegue, desposuirase a este do premio.

As fotografías presentadas quedarán en posesión do Centro de Día de Begonte, que poderá utilizalas e/ou reproducilas por calquera medio, sempre citando o autor ou autores.

8.           EXCLUSIÓNS

Quedarán automaticamente fóra de concurso aquelas obras que fosen premiadas con anterioridade noutro concurso ou certame e tamén as que non cumpran o estimado polas presentes bases. Asemade, non se aceptarán aquelas fotografías, debuxos e/ou relatos curtos que leven sinatura ou algunha outra marca identificativa para garantila transparencia do proceso. Os traballos que se declaren fóra de concurso, poderán ser recollidos despois da súa utilización na elaboración do catálogo que recollerá as obras presentadas e trala exposición.

A presentación de traballos neste concurso supón a aceptación íntegra das presentes bases. O incumprimento dalgún dos apartados nas mesmas levarían implícita a exclusión do concurso da obra presentada. Se as bases fosen modificadas a criterio da organización, comunicaríaselles oportunamente a todos os interesados.