Nova

11/11/2013

Resultado do II Concurso de Tapas Concello de Begonte

 

O luns 11 de novembro dende as 10h realizouse o reconto dos trípticos de participación que depositaron todos os que degustaron as 10 tapas e que estaban seladas nos respectivos establecementos. 

Unha man inocente extraeu entre todos os trípticos o gañador da Tablet Galaxy Tab que foi Aurita Suárez Suárez.

Varias mans inocentes, extraeron os premiados cos agasallos cos que cada establecemento quería agradecer os que deixaran o tríptico de participación na súa urna, e son os seguintes:

Casa Varela: Boris Otero Fernández

Casa Pichín: José Vidal

Restaurante Paz y Ana: Isidro Penas Vázquez

Rest. Hostal San Martín: Fernando Maseda

Cereixo: Manuel Cruz Novo

Café Rest. Ponte Miraz: Mª Isabel Fontela Arias

Rest. Bar A Cantina: Manuel Castiñeira López

Taberna do Labrego: Rocio Iglesias Rábade

Rest. Galicia: Antonio Bujan Rivas

A continuación léronse  os 381 trípticos que cumprían os requisitos para ser válidos (selar en tódolos establecementos) e unha vez contabilizadas, confirmouse como gañador deste II Concurso de Tapas Concello de Begonte a Casa Varela, quedando segundo Cereixo e terceiro Casa Pichín.

Dende o Concello de Begonte destacamos a calidade das tapas do concurso (puntuacións altas), e a participación que incrementouse considerablemente con respecto o ano pasado,  agradecendo os 10 establecementos  o seu esforzo, imaxinación, innovación e calidade para preparar unhas tapas que seguen poñendo o nivel moi alto para os vindeiros concursos.

Agradecer tamén dende o concello a todos os que se acercaron a desgustar as tapas, moitos veciños deste concello, pero tamén dos concellos limítrofes.

Esperando que se levaran unha impresión moi boa deste concello e que repitan a visita, para disfrutar non so da gastronomía senón tamén dos seus paisaxes, da Casa Museo de Victor Corral, rutas de sendeirismo, das súas Igrexas, Capelas, de actividades de ocio e tempo libre organizadas por empresas deste concello, do Belen Electrónico (decembro e xaneiro), e da súa xente.

 

Grazas a todos.