Nova

05/12/2013

Visita ó Belén Electrónico de Begonte (Nadal 2013)

Dende o 7-12-13 a 25-1-14

O Belén de Begonte celebra este ano a XLII edición, creouse no ano 1972, da man de José Domínguez Guizan e José Rodríguez Varela fillo predilecto a título póstumo do Concello de Begonte, recoñecéndose así a súa persoa, o situar a Begonte como un lugar de visita imprescindible en Nadal, ocupouse da posta en marcha así como da renovación permanente do Belén e das súas figuras. Hoxe en día,  o montaxe, mantemento e creación de novas pezas é realizada por veciños voluntarios (Ramiro Cruz, Carlos Torres e Luis Varela). 

Inaugurárase o día 7-12-13 as 18h na Igrexa parroquial de Begonte, que contara este ano co Pregón do Nadal en Begonte a cargo de Domingo Goás Chao, avogado vilalbés en Madrid, primeiro avogado español que representou a España no Tribunal de Estrasburgo de Dereitos Humanos.

Trátase dun belén con vida propia, no que as figuras están animadas electrónicamente e que se renovan cada ano, conxuntamente, conforman unha escena do Belén tradicional axustado a Galicia, onde os labregos cultivan a terra, os pastores atenden o gando, os carpinteiros fan as súas labores, os pescadores pescan, onde ademais se representa o día, a noite, tormentas, nevadas...

No sala inmediata ó Belén pódese disfrutar do Museo do Belén onde se gardan as figuras,  o primeiro mecanismo que movía o Belén (1971-1972-1973), casas, e todas aquelas pezas que van sendo retiradas do Belén.

Estímase que cada ano o Belén ten uns 40.000 visitantes de tódalas idades, non so de Galicia, tamén de todos aqueles que veñen a pasar o Nadal a nosa comunidade, pódese visitar dende o día 7-12-13 ata o 25-1-2014.

Ademáis como todos os anos o Centro Cultural de Begonte convoca os certames XLII Edición de Arte, Poesía, Xornalismo e Debuxo Infantil. 

Máis información sobre os certames no seguinte documento O Nadal en Begonte (tica)

 

Como chegar o Belén electrónico de Begonte:

CENTRO CULTURAL JOSE DOMÍNGUEZ GUIZÁN

Barrio de Quitimil, nº2, 27373 Begonte (Lugo)

Rutas sugeridas dende Lugo:

1.N-VI,19,2 km        19 min

2. A-6, 25,6 km       22 min