Nova

26/06/2014

Firma do convenio de mantemento do servizo de prevención de condutas aditivas

Os Concellos de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade, manteñen o seu compromiso coa prevención de drogodependencias e outras condutas aditivas a través da firma do II Convenio de colaboración intermunicipal que permitirá continuar e consolidar a prestación do Servizo de Prevención de Condutas Aditivas.

Neste xoves  26 de xuño, Día Internacional contra o tráfico e uso indebido de drogas, un ano máis os Concellos de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade, manteñen o seu compromiso coa prevención de drogodependencias e outras condutas aditivas a través da firma do II Convenio de colaboración intermunicipal que permitirá continuar e consolidar a prestación do Servizo de Prevención de Condutas Aditivas fundado por Begonte, Outeiro de Rei e Rábade en 2008 e respaldado por Guitiriz e Xermade dende xullo de 2013.

Mediante a firma deste convenio, os Alcaldes José Pardo Lombao (Concello de Outeiro de Rei), José Ulla Rocha (Concello de Begonte), Francisco Xosé Fernández Montes (Concello de Rábade), Tomás Rodríguez Arias (Concello de Xermade) eXosé Mª Teixido Núñez (Concello de Guitiriz), dan continuidade as actividades que viña desenvolvendo o Servizo de prevención como, por exemplo, os programas de prevención no ámbito escolar de Primaria e Secundaria en tódolos centros escolares da agrupación, o programa de prevención familiar coas sesións formativas demandadas polas familias, o programa de atención e asesoramento directo presente semanalmente nos concellos da agrupación, programa de deshabituación tabáquica coa colaboración da AECC cun éxito o presente ano dun 100% para os/as participantes a tódalas sesións, entre outras actuacións preventivas.