Nova

isc6 17/02/2016

Charla informativa sobre axudas para rehabilitación de vivendas no Camiño Norte de Santiago (Baamonde, Bóveda e Pacios).

Lugar: Casa da Cultura o 18 de febreiro as 20h

Dende este concello invítaselles a charla informativa que a Consellería de Infraestructuras e Vivenda realizara o día 18 de febreiro de 2016 sobre as axudas que ofrece a Administración para a rehabilitación de vivendas no Camiño Norte de Santiago no caso de Begonte poderían acollerse as parroquias de: Baamonde, Bóveda e Pacios.

Lugar: Casa da Cultura de Begonte

Día: 18 de febreiro (xoves)

Hora: 20 h

Explicarase aos propietarios o proceso para solicitar as subvencións e as obras para as que poden solicitar esas axudas públicas (publicadas no DOG. 246 28-12-2015).

Beneficiarios: As comunidades de propietarios/as, as agrupacións de comunidades de propietarios/as e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean en posesión da correspondente cualificación definitiva.

Requisitos importantes:

  1. As actuacións deberán axustarse ao proxecto de execución das obras presentado coa solicitude ou, de ser o caso, á memoria subscrita polo/a técnico/a competente.
  2. Todas as actuacións deberán dispor de licenza municipal ou, de ser o caso, someterse ao réxime de intervención municipal de comunicación previa, así como dispoñer de todas as autorizacións sectoriais preceptivas.
  3. As actuacións de rehabilitación deberán terse iniciado con posterioridade á data de entrada en vigor do Plan estatal 2013-2016 e en ningún caso deberán estar finalizadas na data da publicación desta orde.
  4. O prazo máximo de execución e xustificación do pagamento das obras será o 31 de outubro de 2016.

Os solicitantes poderán financiar con cargo a estas axudas ata o 35 % do orzamento subvencionable das obras, cun límite máximo de 11.000 euros por vivenda.