Nova

19/04/2016

O Concello de Begonte asina un convenio co Centro Deportivo, Lecer e Saúde D10 (Outeiro de Rei)

O convenio que asino está semana o Concello de Begonte co centro Deportivo, Lecer e Saúde D10,  ofrece un desconto do 20% sobre a súa tarifa normal de prezos, aos empadroados/veciños e traballadores do Concello de Begonte.

Para poder optar a este desconto deberán de cumprir as seguintes condicións:

  • Estar empadroados no Concello, e acreditalo mediante o DNI ou o certificado de empadroamento.
  • No caso dos traballadores, acreditalo cunha certificación

O obxectivo deste convenio vén constituído polo mutuo interese de ambas partes, de fomentar o acceso a espazos adecuados para o desenvolvemento da actividade física e o deporte; así como implicar á poboación na práctica da actividade física, o deporte e a recreación, coa finalidade de transmitir a importancia da responsabilidade individual e o esforzo persoal na práctica deportiva e no seu ensino, así como os valores éticos vinculados ao xogo, o respecto aos demais, á práctica saudable da modalidade deportiva e ao respecto e coidado do propio corpo.