Nova

21/09/2016

Programa de actividades socioculturais e deportivas 2016/2017 do Concello de Begonte.

1º Prazo de inscrición do 21 ao 30 de setembro de 2016; 2º prazo do 2 o 16 de xaneiro de 2017

O Concello o de Begonte abre hoxe 21 de setembro o 1º prazo de inscrición para apuntarse a Programación de Actividades Socioculturais e Deportivas 2016-2017, para adultos e nen@s, ticando na imaxe do programa podes consultar toda a información.

*Erro no cartel na programación para adultos, na actividade BAILES DE SALÓN E RITMO LATINOS o horario correcto é os sábados de 21h15 a 22h45.

 Para cubrir e imprimir as inscricións tica nos seguintes documentos:

 A presentación da inscrición pódese realizar presencialmente no Concello ou remitila ao correo electrónico inscricions@concellodebegonte.es