Historia

Begonte, según Vidán Torreira, debe o seu nome ós lexionarios romanos da tribu dos Vocontii, da conca do Ródano. Como POGONTI aparece mencionado o ano 666 na Itación de Wamba, como BOCONTI en cadanseu documento dos anos 966 e 971, e como BOGUNTI en 1137 e 1187. Nicandro Ares, que estudou a orixe do nome, considera que VOCONTII pode tamén significar “Vinte” ou “Os vinte”, que podería corresponder ós aproximadamente vinte kilómetros de distancia á capital lucense.

Hai pegadas de vida nesta terra desde uns 3.500 anos antes de X.C., do paso das xentes de Roma. Os Baamonde e os Saavedra deron nome a dúas parroquias do concello, aínda que o paso dos séculos fixo desaparecer a casa-fortaleza de Baamonde e o castelo de Saavedra. Un Rei, Bermudo II, pernoctou en Saavedra cando veu conquistar o castelo de Aguiar. Outro, Afonso V, veu dictar sentencia familiar. Aquí os irmandiños loitaron e perderon.

A comezos do século XIX os franceses invadiron a comarca, e dous nomes - FRANCÉS en Santa Marina de Rábade e FRANCESA en Begonte - gardan memoria daquela presencia.

Begonte foi privilexiado en comunicacións desde sempre. A estrada Madrid - A Coruña inaugurouse xa en 1773. A de Vilalba substituía ó antigo Camiño Real que desde a ponte de Rábade cruzaba este concello.
O ferrocarril tardaría en conseguirse para a capital do concello. Chegara a Rábade en 1885. Xa en 1874 Begonte solicitara un apeadeiro. Non chegaría a ter estación de ferrocarril ata xuño de 1941, cando o primeiro tren parou en Begonte.

via tren

O Concello de Begonte xorde en 1842, sendo o seu primeiro alcalde don Ramón Losada y Montenegro. En 1924, Rábade (que pertencía a Begonte) independizouse como entidade local menor, conseguindo ser concello en 1925.

Últimas novas

Entroido en Begonte

Sábado 17 de febreiro no Pavillón de Deportes de Baamonde
Bases do VII Concurso de Disfraces e comparsas Entroido Begonte 2018 (pdf) 16/02/2015 Lista de inscritos VII Concurso de Disfraces ...
22/01/2018

Programa de nadal Begonte 2017/2018

Prazo de inscrición ata o 22 decembro ás 13.00H.
  Consulta aquí o Programa nadal 2017-18 (pdf). Inscrición nadal 2017-18 (pdf). Baixa actividades 2017-18 (pdf).
15/12/2017

Volve o Belén de Begonte por Nadal

Visitas do 02-12-2017 ao 27-01-2018
O 2 de decembro abriu as portas o Belén de Begonte e van 46 edicións, como tódolos anos, desde xa ...
13/12/2017

Aula de musicoterapia

Escolas Municipais de Música Rábade, Begonte e Outeiro de Rei
24/11/2017

Resultado do 6º Concurso de Tapas Concello de Begonte

O pasado luns 6 de novembro de 2017, fallouse o resultado do 6º Concurso de Tapas Concello de Begonte, na ...
09/11/2017
Máis novas