Poboación

Segundo o censo de 2011, a poboación do concello de Begonte é de 3.370 habitantes, dos que 1.684 son homes e 1.695 mulleres.

TABOA DE POBOACIÓN

Esta poboación, a comezos do século XX, era de arredor de 6.500 persoas, pero as causas que incidiron na maior parte do territorio galego, no resto da comarca e da provincia de Lugo, foron mermando a poboación. O brusco descenso nas taxas de natalidade, o mantemento da taxa de defuncións, e o fenómeno da emigración en favor dos grandes núcleos ou do exterior, foron os factores que orixinaron este descenso.

As parroquias máis poboadas na actualidade son as da zona central do Concello – Saavedra, Baamonde e Begonte- situadas preto das máis importantes vías de comunicación e, no caso de Baamonde e Begonte, pola existencia de núcleos urbanos, e con eles unha maior concentración de servizos municipais.

 

vivendas-sociais

Así, no decurso do tempo, veuse mantendo a poboación na capital do Concello e en Saavedra, mentras que se acusaba de xeito máis forte a diminución en Castro, Santalla, Pena (San Vicente), Donalbai e Virís.

A densidade de poboación é de 81,11 habitantes por kilómetro cadrado na capital do Concello,  69,29 en Carral, 51,01 en Baamonde, e 50,32 en Saavedra. 

O fenómeno da inmigración ten xa unha certa importancia en Begonte, polo crecente papel dos polígonos industriais no concello, e pola xente que volve despois da súa xubilación.

Últimas novas

Curso de Tapicería

Prazo de inscrición ata o 20 de marzo 2017
* Modelo inscrición curso Tapicería 2017
09/03/2017

Xornada informativa sobre axudas técnicas (TERAPEUTA OCUPACIONAL)

1 de marzo na Casa da Cultura de Begonte ás 11h30
16/02/2017

Festa de entroido Begonte 2017

Inscricións antes do 27 de febreiro
O vindeiro 4 de marzo o Concello de Begonte organiza o VI Concurso de Disfraces e Comparsas no Pavillón de ...
13/02/2017

Programa de Deshabituación Tabáquica 2017

Actividade gratuíta, duración de marzo a maio
07/02/2017

Agradecer a colaboración na Recollida Solidaria de Alimentos.

O Concello de Begonte agradece a tódolos veciños, a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario e a Asociación de Veciños Cultural, Deportiva ...
23/12/2016
Máis novas