Servizo de Prevención de Drogodependencias

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS  E OUTRAS CONDUTAS ADICTIVAS

O fenómeno das drogodependecias constitúe unha problemática sociosanitaria de primeira orde a nivel global, consecuencia directa da converxencia entre múltiples variables que a cualifican como multicausal. Como resposta, o Concello de Begonte asinou un Convenio en 2008 cos Concellos de Outeiro de Rei e Rábade dando orixe ao servizo de Prevención ao que máis tarde, en xullo de 2013, se unirían os Concellos de Guitiriz e Xermade.
O Servizo de Prevención concentra os seus esforzos en actuacións dirixidas á familia, escola, xuventude e comunidade, incidindo natríade información-actitude-conduta e incorporando tanto estratexias de influencia (destinadas a modificar o nivel de coñecemento e as actitudes respecto ás drogas), como de desenvolvemento de competencias (destinada á mellora da autoeficacia).

A Asesoría do Servizo de Prevención de Drogodependencias e outras Condutas Adictiva no Concello de Begonte sitúase na Casa da Cultura os mércores en horario de 9:00 a 14:00h.

Para máis información das actuacións do Servizo pincha no logo:

 


Últimas novas

III Carreira Popular Concello de Begonte

23 de xuño 2018 Club Fluvial de Begonte.
O Concello de Begonte organiza o próximo 23 de xuño de 2018, a III Carreira Popular Concello de Begonte + Xantar ...
07/06/2018

Convocatoria de axudas de escolarización e para o transporte escolar curso 2017-2018

Prazo de solicitude: 01/06/2018 - 02/07/2018
O Concello de Begonte convoca as axudas de escolarización e de transporte escolar para o curso 2017 - 2018: Procedemento: ...
31/05/2018

Clausuras das Actividades Culturais e Deportivas 2017-2018.

Desde o día 30 de maio e ata o 1 de xuño.
Achegáse o fin de curso e con iso as Clausuras das Actividades Socioculturais e Deportivas dos nenos e dos adultos. ...
30/05/2018

Carapuchiña Vermella, o musical

Día 28 de abril 2018 ás 17h30 no Lugar Nave I+D do Polígono de Begonte
O sábado 28 de abril  de 2018, ás 17.30 horas, terá lugar na Nave I+D, do polígono de Begonte  "Carapuchiña ...
06/04/2018
Máis novas