Vivendas e equipamentos

O Concello ten un total de 1.957 vivendas.  Delas, 1.250 principais –habitadas a maior parte do ano como primeira residencia -, 333 secundarias (segundas residencias, habitadas de forma intermitente, especialmente as fins de semana) e 374 deshabitadas (Nas que non reside ninguén, independientemente do seu estado).

antigas escolasNo concello existe un total de 78 instalacións que corresponden ó capítulo de Antigas escolas de “Equipamentos”. A superficie cuberta destas instalacións (contando as diversas plantas dos edificios), é de 13.209 metros cadrados, e a ocupada polos solares de 290.950 metros cadrados.

 

Dous, corresponden ó eido da sanidade. Hai un consultorio local en Baamonde e un centro de saúde en San Lázaro (San Pedro de Begonte).
Coa denominación de Parques existen 18, incluíndo as áreas recreativas, campos de festa… moitos deles asfaltados, con árbores e bancos.

Illan pista deportivaHai 12 espazos deportivos: campos de fútbol, un pavillón polideportivo e unha pista polideportiva.

casa da cultura

As instalacións culturais son 16: varios centros culturais, un museo, unha casa da cultura e as antigas escolas, habilitadas como centro de reunión para os veciños.

Tres están dedicadas ó ensino: colexios públicos en Baamonde e Begonte e a escola de Gaibor antiga escola Saavedrapara alumnos de catro e cinco anos que logo pasan ó colexio de Begonte.
Cinco están sen uso. Son edificios que foron de uso público e na actualidade non se utilizan: antigas escolas e as básculas.

sepulturas en Carral

Vinte son cemiterios. Hai un por cada parroquia do concello, agás San Pedro Félix de Cerdeiras, que ten dous, un xunto á igrexa parroquial e o outro na capela de Ximarás.

E, por fin, dous edificios de uso municipal.

 

"As ilustracións e os datos de infraestructuras e equipamentos que se facilitan, corresponden á tese de licenciatura do begontino Carlos Díaz Redondo, na Escola Polítécnica Superior de Lugo".

Últimas novas

Carapuchiña Vermella, o musical

Día 28 de abril 2018 ás 17h30 no Lugar Nave I+D do Polígono de Begonte
O sábado 28 de abril  de 2018, ás 17.30 horas, terá lugar na Nave I+D, do polígono de Begonte  "Carapuchiña ...
06/04/2018

Entroido en Begonte

Sábado 17 de febreiro no Pavillón de Deportes de Baamonde
Bases do VII Concurso de Disfraces e comparsas Entroido Begonte 2018 (pdf) 16/02/2015 Lista de inscritos VII Concurso de Disfraces ...
22/01/2018

Programa de nadal Begonte 2017/2018

Prazo de inscrición ata o 22 decembro ás 13.00H.
  Consulta aquí o Programa nadal 2017-18 (pdf). Inscrición nadal 2017-18 (pdf). Baixa actividades 2017-18 (pdf).
15/12/2017

Volve o Belén de Begonte por Nadal

Visitas do 02-12-2017 ao 27-01-2018
O 2 de decembro abriu as portas o Belén de Begonte e van 46 edicións, como tódolos anos, desde xa ...
13/12/2017

Aula de musicoterapia

Escolas Municipais de Música Rábade, Begonte e Outeiro de Rei
24/11/2017
Máis novas