Un lugar a descubrir

No centro-norte de Galicia, ó Oeste da provincia de Lugo, Begonte: 125 km. cadrados con case 4.000 habitantes, dentro da planicie denominada “A Terra Cha”.

Lugar privilexiado en comunicacións, polo seu territorio pasan a autovía A-6 e a N.VI, e moi axiña entroncará con elas a A-8 ou Autovía da Costa. E o ferrocarril Palencia-A Coruña ten dúas estacións (Baamonde e Begonte) no concello.

 

 

Está a quince minutos da capital lucense, e a pouco máis de media hora dos portos da Coruña, Viveiro, Burela... e dos aeroportos da Coruña e Santiago.

O goberno begontino, consciente de que estas especiais condicións teñen que traducirse en concentracións empresariais, dispón de tres polígonos industriais e un próximo centro loxístico, con máis de cinco millóns de metros cadrados de terreo industrial para o asentamento de empresas.

Rio no club Fluvial begonte

Rio no club Fluvial begonte 1

Río Ladra

E isto, nun concello agrícola e gandeiro, que desperta ó turismo que no verán disfruta das súas magníficas paisaxes e das beiras dos seus ríos principais (Parga e Ladra) ou no inverno ven a contemplar o orixinalísimo Belén Electrónico que funciona os meses de decembro e xaneiro desde o ano 1972; e, en todo tempo, para degustar a exquisita gastronomía da zona, ou visitar a casa-museo de Víctor Corral en Baamonde, onde as esculturas se integran na paisaxe do xeito máis natural.

Begonte é un lugar a descubrir polas empresas que queiran situarse a un paso das grandes cidades de Galicia. É un concello acolledor e humano, para vivir en liberdade, en plena natureza. Begonte é unha potencia empresarial, turística e vital.

Últimas novas

CURSO: CREANDO CINE

DESTINATARIOS: Maiores de 14 anos
CURSO: CREANDO CINE Gustaríache realizar unha produción audiovisual dende a idea ata o estreo? Nos meses de novembro e decembro ...
08/10/2018

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS, APRENDE A SALVAR UNHA VIDA

PREINSCRICIÓNS: ata 30 de outubro
CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS, APRENDE A SALVAR UNHA VIDA DESTINATARIOS:  Comunidade en xeral DURACIÓN: 3 sesións de 2 horas, nos ...
08/10/2018

QUERES DEIXAR DE FUMAR? PROGRAMA DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA 18/19.

Preinscricións ata o 22 de outubro.
QUERES DEIXAR DE FUMAR? PROGRAMA DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA 18/19. DESTINATARIOS:  Maiores de 18 anos DURACIÓN:  7 sesións en semanas continuadas ...
05/10/2018

Programa de actividades socioculturais e deportivas 2018/2019 do Concello de Begonte.

1º Prazo de inscrición do 19 ao 2 de outubro de 2018; 2º prazo do 7 ao 18 de xaneiro de 2019
O mércores 19 de setembro o Concello de Begonte abre o 1º prazo para inscribirse nas actividades deportivas e culturais ...
19/09/2018
Máis novas