Saudo do alcalde

 

Como Alcalde do concello de Begonte quero darche a benvida a este portal web que desexamos ir construindo día a día coa colaboración, non só dos habitantes deste municipio, senón tamén de tódalas persoas que nos visitan cada día a través desta páxina, que acabamos de renovar e adaptar ás novas tecnoloxías.

Non queremos deixar pasar a oportunidade que nos ofrece Internet de amosarnos ao mundo, de aproveita-las súas posibilidades como valioso instrumento de aproximación ao cidadán co fin de cumprir un dobre obxectivo:

 

- Mostrar Begonte a quenes desexen coñecernos mellor. Para todos aqueles que queirades visitarnos, sexa por motivos de lecer ou traballo, decirvos que nos atopamos nunha terra privilexiada, tanto pola súa situación xeográfica como pola súa riqueza natural, cultural e gastronómica, onde se dan tódalas condicións para que este sexa un lugar ideal para vivir, para medrar, para traballar.

- Mellora-la eficacia dos servizos municipais proporcionando información sobre os recursos e servizos que se prestan dende o concello e tamén recibir dos nosos veciños e veciñas aquelas ideas, propostas e suxerencias que poidan axudarnos a mellorar os nosos programas de actuación.

 

No nome do concello de Begonte, agradezo a túa visita que espero encontres proveitosa e amena.

 

Un cordial saúdo.

Últimas novas

Curso de Tapicería

Prazo de inscrición ata o 20 de marzo 2017
* Modelo inscrición curso Tapicería 2017
09/03/2017

Xornada informativa sobre axudas técnicas (TERAPEUTA OCUPACIONAL)

1 de marzo na Casa da Cultura de Begonte ás 11h30
16/02/2017

Festa de entroido Begonte 2017

Inscricións antes do 27 de febreiro
O vindeiro 4 de marzo o Concello de Begonte organiza o VI Concurso de Disfraces e Comparsas no Pavillón de ...
13/02/2017

Programa de Deshabituación Tabáquica 2017

Actividade gratuíta, duración de marzo a maio
07/02/2017

Agradecer a colaboración na Recollida Solidaria de Alimentos.

O Concello de Begonte agradece a tódolos veciños, a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario e a Asociación de Veciños Cultural, Deportiva ...
23/12/2016
Máis novas