Skip to Content

14 de Agosto: Día da Bicicleta

O vindeiro sábado, 14 agosto, celebraremos o Día da Bicicleta, consistente nunha ximkana de xogos e un percorrido en bicicleta dende Begonte ata Baamonde. As actividades comezarán ás 10:30 hras. na Praza do Concello de Begonte (ás 10:15 sairá un autobús de Baamonde para o desprazamento ata Begonte) cun programa de xogos, e logo iniciarase a marcha en bici ata Baamonde onde se fará a entrega de premios aos gañadores da ximkana. A actividade será gratuita e para participar (tanto nenos como adultos) poden inscribirse no concello.