Skip to Content

6 empresarios urbanizarán 225.000 m2 no Parque empresarial de Begonte - O novo parque resultante triplicará a superficie actual

Seis empresarios van acometer o desenvolvemento de 225.000 metros cadrados do Parque empresarial municipal de Begonte, triplicando a actual superficie dedicada á instalación de empresas.
Estes seis empresarios afrontarán o correspondente Plan de Sectorización, que comprende o proxecto de urbanización e as mesmas obras para urbanizar esta superficie, que suporán que os actuais 106.000 metros cadrados do parque begontino pasen a ser 331.000 de superficie industrial.
O primeiro paso de ampliación deste Parque efectuouna o Concello de Begonte ó recalificar como sólo industrial o que era sólo rústico. A segunda e definitiva fase vai ser afrontada por este grupo de empresarios que posúen arredor do sesenta por cento da superficie afectada, superando o 51% esixido pola Lei para poder acometer a urbanización e logo proceder á adquisición, de acordo cos mecanismos legalmente previstos, dos terreos que aínda non sexan da súa propiedade.