Dentro do Programa "Pacto Provincial polo Emprego" que desenvolve o Inludes impartiranse 45 accións formativas relacionadas, fundamentalmente, co eido sociosanitario (atención sociosanitaria a persoas dependentes e enfermos de Alzheimer, coidador de discapacitados físicos/psíquicos, auxiliar de enfermería xeriátrica, técnico de transporte sanitario, monitor sociocultural, aproveitamentos forestais, prevención de riscos laborais, etc.), con formación teórica e práctica e pola que os participantes percibirán unha axuda equivalente ao 75% do IPREM.

