ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN EN ACTIVIDADES PARA XÓVENES E NENAS/OS
Dende o concello de Begonte estase a traballar nun novo programa de actividades nun intento de facilitar á mocidade begontina o achegamento a actividades que sexan do seu interese, ofrecendo alternativas de ocio aos begontinos/as.
Nesta liña, ábrese o prazo de inscrición para a participación nas seguintes actividades:
1. Para as/os xóvenes de 14 a 30 anos proponse a realización dunha actividade de turismo de aventura o vindeiro 22 de setembro: unha viaxe a Padrón para a realización dunha sesión de rafting (descenso no río Ulla en balsas neumáticas), comida e pola tarde paintball (xogo de estratexia na que os participantes, divididos en equipos, usan pistolas de aire comprimido para disparar pequenas bolas con pintura a outros xogadores que resultan eliminados se son alcanzados).
2. Para as/os nenas/os de 5 a 13 anos realizarase unha viaxe ao Parque Natural de Marcelle (Outeiro de Rei) o 29 de setembro, onde se poderán acercar a distintos lugares do mundo a través das distintas especies animais que alí se atopan. Saírase pola mañá, comendo no mesmo Parque e voltando á tarde.
Son dúas actividades gratuitas.
O prazo de inscrición rematará o vindeiro 17 de setembro para a viaxe a Padrón e o 25 de setembro para a visita a Marcelle, dado que as prazas son limitadas, adxudicaranse por orde de inscrición.
Tódalas persoas interesadas poderán obter máis información así como formalizar a correspondente inscrición nas actividades antes relacionadas, tanto nas oficinas municipais coma no número de teléfono 982.396143.

