Axudas ao transporte escolar curso 2011/2012
O Concello de Begonte, a través da Concellería de Educación e Cultura quere contribuír á formación dos xoves do concello, mediante a concesión de axudas ao transporte escolar do curso 2011/2012, de modo que lles permita compensa-los gastos producidos polo seu traslado dende o lugar de residencia ata o centro educativo.
Prazo de solicitude: Ata o 16 de xullo.


