Skip to Content

Baamonde, punto estratéxico


vias tren


vias


estacion

Baamonde tiña xa unha importancia estratéxica moi grande, por ter estación de ferrocarril, e ser fito de importantes vías como a Autovía do Noroeste (A-6), e da Nacional VI, ademais de entronque da estrada que chega desde Vilalba, capital da Terra Chá.


estacion Baamonde

Estación de Baamonde

Pero este papel no futuro vaise ver extraordinariamente potenciado, ó ser punto de confluencia das dúas autovías: a existente do Noroeste e a que está sendo construída Autovía do Cantábrico, que orixinándose en Francia remata en Baamonde entroncando coa actualmente existente.