O 11 de xuño de 2011, supón o inicio dunha nova etapa de goberno en Begonte, marcada polo meu firme compromiso de liderar a xestión dun goberno coa maior eficacia e eficiencia, velando en todo momento, polos intereses xerais de todos/as os/as veciños/as deste termo municipal. Son consciente do momento de dificultade polo que atravesamos, pero agora e cando hai que demostrar a capacidade de xestión e tentar facer máis con menos.
Así me presento nesta páxina web, ferramenta fundamental para a información no século XXI, a cal queremos converter nunha ventá aberta do noso Concello. A través de esta queremos dar a coñecer todo o que rodea a administración, e tamén, utilizar o soporte como reclamo turístico e exposición da nosa riqueza cultural e paisaxística.
Sen máis, espero que disfrutedes da vosa viaxe.
José Ulla Rocha
Alcalde do Concello de Begonte

