|
|
|
|
CABALGATA DE REIS
Un ano máis, a pesares do mal tempo, os Reis Magos de Oriente chegaron a Begonte o día 5 de xaneiro para recibir aos nenos e nenas do municipio e entregarlles uns agasallos.
Chegaron á casa da Cultura de Begonte arredor das catro e media da tarde, montados a cabalo, e acompañados do seu séquito desprazaronse ata a Casa do Concello onde foron recibidos pola Corporación municipal e unha nena en representación de tódolos begontinos e begontinas lles deu a benvida; unha vez rematada a recepción dos nenos estos puideron disfrutar dunha merenda e de distintas actividades de animación: globoflexia, música, etc. que completaron unha xornada marcada pola ilusión.