Skip to Content

Concurso "O Segredo da Boa Vida"

O Segredo da Boa VidaO Servizo de Prevención de Drogodependencias dos Concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade presenta o concurso escolar “O segredo da boa vida”, especialmente dirixido ó alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

Esta iniciativa proposta dende Plan Nacional sobre Drogas, xestionada pola Asociación Deporte e Vida e distribuída polo Servizo de Prevención, pretende conformarse como un instrumento lúdico e educativo que consiga abordar temáticas de promoción de saúde en xeral e a prevención de drogodependencias en particular mediante o material do que consta o programa:

•Axendas escolares. Conteñen mensaxes e xogos relacionados coa prevención de drogodependencias e a educación para a saúde. As axendas inclúen actividades sobre o alcohol, a asertividade, a resistencia á presión, o tabaco, a toma de decisións, a influencia do grupo como modelos, etc...

•CD-Room interactivo que consiste nun xogo con diferentes probas que o alumnado ten que superar; en relación ás “boas accións” dos alumnos e alumnas no xogo, irán conseguindo máis ou menos puntuación.

•Carpeta para o profesorado dotada de: Axenda de planificación, Guía de prevención escolar e Catálogo de programas escolares de prevención. As puntuacións obtidas polo alumnado remitirase ó Plan Nacional Sobre Drogas e, tralo cómputo final do consurso, farase público o nome dos gañadores e os premios concedidos a cada un. ¡Moita Sorte!