O Servizo de Prevención de Drogodependencias dos Concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade invítate a participar no Curso de creación de documentais que comezará o vindeiro día 23 ás 11:00 da mañá no centro social de Rábade.
Este curso é un encontro teórico-práctico coa dimensión audiovisual como círculo de interese da actuación educativa, onde os alumnos serán os protagonistas de todo o proceso de produción dunha curtametraxe documental contextualizado nas súas propias experiencias. No proceso conquiren nocións básicas de guión, produción, realización e comercialización, acadando así unha visión global do funcionamento da industria e da creación audiovisual.
En definitiva e como obxectivo fundamental pretendemos que o alumno acade unha visión integrada do funcionamento da industria e da creación audiovisual a través da curtametraxe documental.

