Skip to Content

Curso de manipulador de alimentos

O Concello de Begonte organiza un curso de Manipulador de Alimentos, para a obtención do correspondente Certificado de manipulador/a de alimentos ou a súa renovación.
Está dirixido a tódalas persoas que, pola súa actividade laboral, interveñan nalgunha das fases polas que pasa o alimento desde que se recibe ata o servizo ó consumidor: preparación, fabricación, transformación, elaboración, envasado, transporte, distribución, manipulación, venda, subministro e servizo.
O Curso é totalmente gratuito, estando condicionada a súa celebración a que participe un mínimo de 15 persoas.
Os interesados deberán inscribirse nas oficinas do Concello de Begonte, antes do próximo 19 de xaneiro, presentando o D.N.I. e unha fotografía tamaño carnet.
O curso vai ser impartido por Sanea (Seguridade alimentaria sanidade ambiental), entidade autorizada pola Dirección Xeral de Saúde Pública.
Maior información pode recabarse nas oficinas do Concello de Begonte, Tfno. 982.396143.