Skip to Content

Curso de Manualidades

Dende a Concellería de Muller e Servizos Sociais do concello de Begonte, e seguindo co programa de actividades que se ven desenvolvendo dende esta área, ábrese o prazo de inscrición para a participación nun curso de manualidades, cunha duración de 20 hras, que se desenvolverá os sábados de 16:00 a 20:00 hras. no Centro sociocultural de Begonte, e que empezará o vindeiro 15 de maio.

Dado que as prazas son limitadas estas adxudicaranse por orde de inscrición.

Para máis información sobre o desenvolvemento deste curso e para formaliza-la súa inscrición poden dirixirse ás oficinas municipais ata o día 11 de maio. (Teléfono Concello: 982.396143).