Skip to Content

Curso técnico de Taekwondo no Pavillón Polideportivo de Baamonde

O vindeiro sábado, 5 de xuño de 2010, celebrarase un Curso técnico de taekwondo nas provincias de Lugo e Ourense.

A xornada de mañá realizarase en Ourense, organizada polo Clube Souto, en horario de 10:00 a 13:00 hras.

A xornada de tarde realizarase no Pavillón polideportivo de Baamonde (Begonte), organizada polo Clube Jansu de Vilalba, en horario de 16:30 a 19:30 hras.

Para máis información poden contactar con Juan Carlos Quintana no tlf.: 982.511582. O profesor do curso será D. Jesús Benito Díaz, Adestrador do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e Técnico da Federación Española de Taekwondo.