ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O ENCONTRO DA TERCEIRA IDADE QUE TERÁ LUGAR O 5 DE OUTUBRO NO PAZO DE FEIRAS E CONGRESOS DE LUGO
Dentro do programa “Lecer para os nosos maiores” que organiza a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, o vindeiro día 5 de outubro (día de San Froilán) terá lugar o segundo encontro previsto da provincia de Lugo.
Esta xuntanza celebrarase no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, coincidindo coa Feira Multisectorial e Mostra Gandeira e Agroalimentaria do San Froilán. Realizaranse visitas guiadas á Feira con distintas demostracións e degustacións.
PROGRAMA DE ACTOS
Ás 10:00 hras.: Chegada dos autocares.
Ás 10:30 hras.: Actuación da Escola de gaitas e danzas do concello de Navia de Suarna e a Charanga de Vilalba.
Ás 11:00 hras.: Visita á Mostra gandeira e agroalimentaria da Feira Multisectorial Expolugo.
Ás 13:00 hras.: Sesión vermú amenizada pola Orquestra ALIANZA.
Ás 13:30 hras.: Xantar de confraternidade.
Ás 16:30 hras.: Gran Baile
Ás 20:00 hras.: Remate dos actos.
No recinto da Feira estará instalada unha carpa onde os asistentes poderán xantar un menú composto de empanada galega, polbo á feira con cachelos, torta de Santiago, bebidas e café a un prezo de 12 euros. Tamén se habilitará unha zona con mesas onde as persoas que traian a súa comida poderán xantar, ademais de haber un menú do día na cafetería do Pazo de feiras.
Asímesmo, durante toda a xornada haberá un tren turítico gratuito que se desplazará entre o recinto feiral do San Froilán, no centro da cidade, e a Feira exposición.
Todas aquelas persoas interesadas en asistir poderán ter máis información, así como apuntarse para ir a esta xuntanza tanto nas oficinas do concello coma no número de teléfono 982.396143, ata o día 13 de setembro.
Dependendo do número de persoas que se inscriban de cada parroquia o autobús podería pasar a recollelos na mesma parroquia.

