O vindeiro 24 de marzo de 2010 ás 20:00 hras. no Pavillón Municipal de Guitiriz celebrarase un Encontro Internacional de Fútbol-sala entre a a Selección Nacional de Libia ( Campión de África ) e a Selección Galega.
A entrada será gratuíta e disporán de autobuses para o desprazamento. Todos aqueles que desexen asistir deberán inscribirse nas oficinas municipais antes do 22 de marzo. Tlf.: 982.396143

