Skip to Content

II Xornada de Conducción Preventiva

II Curso de Conducción DeportivaO vindeiro 12 de xuño terá lugar a II Xornada de Conducción Preventiva no circuíto de Karting de Outeiro de Rei, ofrecida de novo polo Servizo de Prevención de Drogodependencias dos Concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade.

A autoescola San Martín será a encargada de dirixir a un grupo de conductores nunha xornada práctica de conducción preventiva para situacións de risco na que se abordarán: slalom e curvas, sistemas de seguridade, conducción con avarías e efectos do consumo de drogas na conducción. Distribución en 2 grupos:

  • 1º grupo: 15:00 a 18:00 horas
  • 2º grupo: 17:15 a 20:30 horas

Se queres participar nesta xornada totalmente gratuíta apúntate no teléfono 982.390.062 ou en prevenciondrogas@rabade.org e deixa os teus datos persoais (nome e apelidos, teléfono, idade, domicilio).

Recorda: ¡as prazas son limitadas!

II Curso de Conducción Deportiva