Skip to Content

III Concurso de Debuxos e Contos Navideños Concello de Begonte

O concello de Begonte convoca o III Concurso Infantil de Debuxos e Contos Navideños co obxecto de elexir aqueles debuxos e contos cuxo tema esté relacionado co Nadal ou que sexa representativo das datas navideñas.

A continuacion detállanse as bases polas que se regula o concurso

BASES

1. PARTICIPANTES
Poderá participar calquera neno/a interesado/a dos seguintes niveis educativos:
- educación infantil
- educación primaria
- ensinanza secundaria obrigatoria

2. REQUISITOS
Debuxo Navideño. Cada concursante presentará un único traballo con técnica libre, en formato DIN-A4, sobre fóleo ou cartulina, e admitiranse tódalas técnicas gráficas (lápiz, ceras, témperas, acuarelas, rotuladores, etc.).

Conto Navideño. Cada concursante presentará un único traballo cunha extensión máxima de 3 folios por unha cara e mínima de 1 folio.
O/A participante indicará no reverso do traballo o nome e edad do/a autor/a, o curso e o centro ao que pertence.
Deberán ser obras orixinais e non haber sido presentadas a ningún outro concurso con anterioridade.

3. CATEGORÍAS
Establécense 3 categorías:
A - D e 3 a 6 anos
B- De 7 a 10 anos
C- De 11 a 14 anos
D- De 15 a 18 anos

4. PRESENTACIóN DOS TRABALLOS
Os traballos serán entregados no propio centro do/a alumno/a con anterioridade ao 31 de decembro, ou nas oficinas do Concello de Begonte.

5. COMISIÓN DE VALORACIÓN
A Comisión encargada de valorar e decidir sobre os traballos premiados estará constituída por un/unha representante de cada un dos grupos políticos da corporación municipal, un/unha representante do CEIP de Begonte, un/unha representante do CEIp de Baamonde, e dúas recoñecidas persoas da zona do ámbito da pintura e das letras.

6. CRITERIOS DE VALORACIÓN DA COMISIÓN
A Comisión á hora de valorar terá en conta os seguintes criterios:
. Orixinalidade da idea
. Adaptación da técnica á idade do autor
. Calidade técnica do traballo

7. FALLO DA COMISIÓN
A Comisión, constituída ao efecto, elexirá tres traballos por cada categoría para Primeiro Premio, Segundo Premio e Terceiro Premio.
O fallo da Comisión será inapelable, farase público e notificarase aos gañadores.

8. PREMIOS
Os premios consistirán en material didáctico valorado nos seguintes importes:

-De 3 a 6 anos, un primeiro premio de 60 €, un segundo premio de 40 € e un terceiro premio de 30 €.

-De 7 a 10 anos, un primeiro premio de 60 €, un segundo premio de 40 € e un terceiro premio de 30 €.

-De 11 a 14 anos, un primeiro premio de 60 €, un segundo premio de 40 € e un terceiro premio de 30 €.

-De 15 a 18 anos, un primeiro premio de 90 €, un segundo premio de 60 € e un terceiro premio de 50 €.

 

O acto de entrega dos premios terá lugar na Casa de Cultura de Begonte, onde tamén se expoñerán os traballos presentados.

9. ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación nesta convocatoria supón a aceptación das presentes bases, que poderán ser interpretadas pola Comisión avaliadora naqueles aspectos non previstos nas mesmas

10. CESIóN DE DEREITOS DE AUTOR
O concello de Begonte adquire os dereitos de reprodución, explotación e exposición das obras que se presentan. Non obstante, comprométese a devolver os traballos non premiados a petición do interesado.
Os traballos poderán ser retirados no concello a partir do 1de febreiro de 2010.