Skip to Content

O Camiño de Santiago

Polo concello de Begonte pasa o chamado Camiño de Santiago do Norte, que entra en Galicia por Ribadeo.
Este Camiño, no concello de Begonte, ten un trazado de sete kilómetros que van pola N.634 e a N-VI.
Baamonde é o punto de referencia do Camiño a Compostela no concello de Begonte. Ten un albergue de peregrinos cun total de 54 prazas.
Puntos de referencia no Camiño son Rega, Baamonde, Chafareta, Riocovo, Aldea de Arriba e logo San Alberte, xa fóra do termo municipal de Begonte, de onde quedan cen kilómetros para chegar a Compostela.


Igrexa Baamonde

Igrexa de Baamonde