Skip to Content

O Territorio

Para Río Barja, o clima da comarca é “subcontinental húmido dentro do macroclima oceánico de Galicia”.
O clima begontino pódese xulgar de temperado medio, con invernos moderados e veráns sen rigores.
É un clima que poderiamos denominar “humano”, no que a vida se desenvolve nas mellores condicións climatolóxicas e sociais.
A maior parte do terreo do concello é apto para a agricultura, sendo a capacidade de produción do solo de tipo medio. Cómpre utilizar fertilizantes químicos para corrixir a acidez e a escaseza dalgúns elementos, e orgánicos para reposición de materia consumida polos cultivos.


carballeira de Saavedra

Carballeira en Saavedra

A planura do terreo favorece a mecanización do traballo na terra, e a agricultura e a gandeiría segue a ser a fonte de ingresos máis importantes do concello, co necesario e paulatino trasvase á industria e servizos.


estatua labrega (1)

Escultura de rapaza labrega, de Víctor Corral

RÍOS


rio no club fluvial (2)


rio no club fluvial (3)

Río Ladra

Os ríos Parga e Ladra regan e cruzan o territorio begontino. Xúntanse en Pacios, e van desembocar no Río Miño, xa no Concello de Outeiro de Rei. O Río Miño separa Begonte do territorio de Outeiro de Rei, e o Támoga do de Cospeito. A xuntanza do Támoga co Miño forma a illa de San Roque no punto onde limitan os concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Cospeito.
Mención especial merecen as Lagoas do Ollo e Riocaldo, ás que hai que engadir as orixinadas pola extracción de áridos nas inmediacións da de Riocaldo.


lagoas de Riocaldo


lagoas de Riocaldo (1)

Lagoas de Riocaldo

As lagoas teñen un excelente futuro cunha dobre vertente: a observación e potenciación da natureza, desde o punto de vista medioambiental e unha racional explotación turística que contemple a súa singularidade.
Diante da idea expresada recentemente de facer unha ruta turística e da natureza, as lagoas de Begonte teñen que ser lugares de obrigada visita.

NATURA 2000

Begonte está incluído entre os concellos considerados lugares privilexiados da Rede Natura 2000, e así unha zona do seu territorio forma parte do L.I.C. (Lugar de importancia comunitaria) Parga-Ladra-Támoga, que comprende ribeiras dos ríos Parga, Ladra, Támoga e Miño, e as lagoas de Riocaldo.


Lic Ladra-Parga-Támoga

Lic Ladra-Parga-Támoga