Skip to Content

Obradoiro de Cine e Habilidades Sociais

Mes Coups de CinemaO Servizo de Prevención de Drogodependencias dos Concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade invítate a participar no “Obradoiro de cine e habilidades sociais a partir de 3º de ESO” e “Obradoiro de cine e habilidades sociais para 1º e 2º de ESO”.

A televisión, o cine, os medios de comunicación convertéronse nos últimos anos en potenciais socializadores das novas xeracións; neste tempo os rapaces non só son educados polas súas familias e pola escola, senón que o tempo que consumen vendo series e programas televisivos inflúe definitivamente na formación da súa personalidade. Esta iniciativa pretende utilizar o cine como recurso pedagóxico para a formación dos rapaces e rapazas incidindo na adquisición de valores, actitudes e coñecementos positivos a partir dos intereses e motivacións da mocidade ó redor do cine, logrando que os usuarios, como protagonistas da acción educativa, constrúan actitudes e integren valores democráticos e positivos mediante a reflexión crítica e o debate, cuestionando aqueles valores negativos promocionados dende a sociedade que nos toca vivir: presentismo,
egoísmo, culto ó efímero, competitividade, consumismo, induvidualismo...

Ó finalizar o obradoiro contabilizarase a asistencia dos participantes. Aqueles que asistiran ó 80% das sesións serán premiados coa participación gratuía nunha xornada de paint-ball.

O Obradoiro de Cine e Habilidades Sociais a partir de 3º de ESO comezou
proxectándose así dúas películas de gran interese “La Ola” e “Ciudad de Dios”. Este obradoiro desenvolverase nas seguintes datas en horario de 19:00h. A 21:30h no centro social de Rábade, mentres que o destinado a 1º e 2º de ESO terá lugar no Salón de Actos do Concello de Rábade de 18:00h a 20:00h

As datas para 1º e 2º de ESO son as seguintes: 21 e 28 de Xaneiro; 4, 18 e 25 de Febreiro; 4 e 18 de Marzo; 15 e 29 de Abril, e 6 de Maio.

As datas para 3º e 4º de ESO, 1º e 2º de BAC, PCPI, etc. son as seguintes: 22 e 29 de Xaneiro; 12 e 26 de Febreiro; 12 e 26 de Marzo, e 16 de Abril.

Na primeira sesión de 1º e 2º da ESO proxectarase “Crepúsculo”.