Skip to Content

Orientación Laboral

O Concello de Begonte pon en marcha un sistema de orientación laboral baseado na información, orientación e procura activa de emprego, para mellora-la ocupación das persoas desempregadas.

Os obxectivos que definen as accións de orientación profesional son:

  • Orientar e informar a demandantes de emprego sobre o seu perfil profesional
  • Actualizar e activar o currículum vitae de cada demandante
  • Optimiza-la oferta formativa existente
  • Compatibiliza-la demanda da persoa coa oferta existente
  • Ofrecer un sistema áxil de información que permita coñece-las persoas usuarias o seu nivel de cualificación e o seu potencial laboral.