Dentro do programa de actividades deportivas que está organizando o Concello de Begonte para este próximo mércores, 10 de Marzo, ás 18:30, no Pavillón de Baamonde terá lugar un partido de fútbol-sala entre os equipos: cadete das Escolas Deportivas Municipais de Begonte e a Selección de Galicia Infantil. Partido preparatoria para o campionato de España de Seleccións Autonómicas.