Skip to Content

Poboación

Segundo o censo de 1999, a poboación do concello de Begonte é de 3.873 habitantes, dos que 1.924 son homes e 1.949 mulleres.
Esta poboación, a comezos do século XX, era de arredor de 6.500 persoas, pero as causas que incidiron na maior parte do territorio galego, no resto da comarca e da provincia de Lugo, foron mermando a poboación. O brusco descenso nas taxas de natalidade, o mantemento da taxa de defuncións, e o fenómeno da emigración en favor dos grandes núcleos ou do exterior, foron os factores que orixinaron este descenso.
grafico-poboacionAs parroquias máis poboadas na actualidade son as da zona central do Concello – Saavedra, Baamonde e Begonte- situadas preto das máis importantes vías de comunicación e, no caso de Baamonde e Begonte, pola existencia de núcleos urbanos, e con eles unha maior concentración de servizos municipais.


vivendas-sociais

Así, no decurso do tempo, veuse mantendo a poboación na capital do Concello e en Saavedra, mentras que se acusaba de xeito máis forte a diminución en Castro, Santalla, Pen a (San Vicente), Donalbai e Virís.
A densidade de poboación é de 81,11 habitantes por kilómetro cadrado na capital do Concello,  69,29 en Carral, 51,01 en Baamonde, e 50,32 en Saavedra.

O fenómeno da inmigración ten xa unha certa importancia en Begonte, polo crecente papel dos polígonos industriais no concello, e pola xente que volve despois da súa xubilación.