O vindeiro 7 agosto de 2010 ás 20:30 hras. na Praza do Concello de Begonte realizarase unha nova actuación incluída no Programa Camiños de Cultura promovido pola Consellería de Cultura e no que participa este concello, trátase do Circo Chosco cun espectáculo para todo tipo de públicos, mistura de comedia e circo, que ten como resultado unha obra cómica con acrobacia, malabar e técnicas aéreas nas que o público unirase ós artistas: na emoción e na risa.

