Skip to Content

Proxección da curta “Escolle ben” o 25/09 no Centro Social de Rábade

Escolle BenO Servizo de Prevención de Drogodependencias dos Concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade, convídate á proxección da curtametraxe “Escolle ben” o próximo venres 25 de setembro ás 21:00 horas no Centro Social de Rábade. A curtametraxe foi realizada polos alumnos e alumnas do “I Curso de creación de curtametraxes” impartido pola empresa Sin Productions, sendo eles mesmos os encargados da dirección (Andrea Grandío), axudantes de dirección (I. María Fontao e Helena Traveso), cámara (J. Daniel Iglesias), son (Catuxa González), realización (Manuel Suárez) e interpretación: actores (Aitor Becerra e Iván Puente) e actriz (Patricia Iglesias).
Sinopse da curtametraxe “Escolle ben” Nos baños dunha discoteca “o Richar” (Aitor Becerra) e “Charly” (Iván Puente) toman protagonismo na pel dun camello que intentará iniciar a Charly, un mozo 17 anos, no consumo de drogas como medio para evadirse dos seus problemas. Nun segundo momento a moza de Charly (Patricia Iglesias) conseguirá facelo reflexionar sobre o que está a piques de facer.