Skip to Content

Un lugar a descubrir

No centro-norte de Galicia, ó Oeste da provincia de Lugo, Begonte: 125 km. cadrados con case 4.000 habitantes, dentro da planicie denominada “A Terra Cha”.

Lugar privilexiado en comunicacións, polo seu territorio pasan a autovía A-6 e a N.VI, e moi axiña entroncará con elas a A-8 ou Autovía da Costa. E o ferrocarril Palencia-A Coruña ten dúas estacións (Baamonde e Begonte) no concello.

 

 

Está a quince minutos da capital lucense, e a pouco máis de media hora dos portos da Coruña, Viveiro, Burela... e dos aeroportos da Coruña e Santiago.

O goberno begontino, consciente de que estas especiais condicións teñen que traducirse en concentracións empresariais, dispón de tres polígonos industriais e un próximo centro loxístico, con máis de cinco millóns de metros cadrados de terreo industrial para o asentamento de empresas.

Rio no club Fluvial begonte

Rio no club Fluvial begonte 1

Río Ladra

E isto, nun concello agrícola e gandeiro, que desperta ó turismo que no verán disfruta das súas magníficas paisaxes e das beiras dos seus ríos principais (Parga e Ladra) ou no inverno ven a contemplar o orixinalísimo Belén Electrónico que funciona os meses de decembro e xaneiro desde o ano 1972; e, en todo tempo, para degustar a exquisita gastronomía da zona, ou visitar a casa-museo de Víctor Corral en Baamonde, onde as esculturas se integran na paisaxe do xeito máis natural.

Begonte é un lugar a descubrir polas empresas que queiran situarse a un paso das grandes cidades de Galicia. É un concello acolledor e humano, para vivir en liberdade, en plena natureza. Begonte é unha potencia empresarial, turística e vital.