Skip to Content

V concurso de debuxo e conto navideño Concello de Begonte

O concello de Begonte convoca o V Concurso Infantil de Debuxo e Conto Navideño co obxecto de elixir aqueles debuxos e contos cuxo tema esté relacionado co Nadal ou que sexa representativo das datas navideñas.
A continuación detállanse as bases polas que se regula o concurso

BASES
1. PARTICIPANTES
 Poderá participar calquera neno/a interesado/a dos seguintes niveis educativos:
-    educación infantil
-    educación primaria
-    ensinanza secundaria obligatoria

2. REQUISITOS
  Debuxo Navideño. Cada concursante presentará un único traballo con técnica libre, en formato DIN-A4, sobre folio ou cartulina, e admitiranse tódalas técnicas gráficas (lápiz, ceras, témperas, acuarelas, rotuladores, etc.).
Conto Navideño. Cada concursante presentará un único traballo cunha extensión máxima de 3 folios por unha cara e mínima de 1 folio.
O/A participante indicará no reverso do traballo o nome  e idade do/a autor/a, o curso e o centro ao que pertence.
Deberán ser obras orixinais e non haber sido presentadas a ningún outro concurso con anterioridade.

3. CATEGORÍAS
   Establécense 4 categorías:
A- De 3 a 6 anos
B- De 7 a 10 anos
C- De 11 a 14 anos
D- De 15 a 18 anos

4. PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS
        Os traballos serán entregados no propio centro do/a alumno/a con anterioridade ao 23 de decembro de 2011, ou nas oficinas do  Concello de Begonte.

5. COMISIÓN DE VALORACIÓN:
        A Comisión encargada de valorar e decidir sobre os traballos premiados estará constituída por un/unha representante de cada un dos grupos políticos da corporación municipal, un/unha representante do CEIP de Begonte e un/unha representante do CEIP de Baamonde; asimesmo, poderán contar cun asesor especialista en cada unha das materias a avaliar.

6. CRITERIOS DE VALORACIÓN DA COMISIÓN
        A Comisión á hora de valorar terá en conta os seguintes criterios
•  Orixinalidade da idea
•  Adaptación da técnica á idade do autor
•  Calidade técnica do traballo

7. FALLO DA COMISIÓN.
        A Comisión, constituída ao efecto, elexirá tres traballos por cada categoría para Primeiro Premio, Segundo Premio e Terceiro Premio.
        O fallo da Comisión será inapelable, farase público e notificarase aos gañadores.

8. PREMIOS
Os premios consistirán en vales canxeables por material didáctico valorado nos seguintes importes:
Categoría          1º Premio    2º Premio    3º Premio
De 3 a 6 anos        60               40               30
De 7 a 10 anos      60               40               30
De 11 a 14 anos     60               40               30
De 15 a 18 anos     90              60               50

    O acto de entrega dos premios terá lugar na Casa de Cultura de Begonte, onde tamén se expoñerán os traballos presentados.

 9. ACEPTACIÓN DAS BASES
       A participación nesta convocatoria supón a aceptación das presentes bases, que poderán ser interpretadas pola Comisión avaliadora naqueles aspectos non previstos nas mesmas.

10. CESIÓN DE DEREITOS DE AUTOR
       O concello de Begonte adquire os dereitos de reprodución, explotación e exposición das obras que se presentan. Non obstante, comprométese a devolver os traballos non premiados a petición do interesado.
Os traballos poderán ser retirados no concello a partir do 1 de febreiro de 2012.