O Concello ten un total de 1.957 vivendas. Delas, 1.250 principais –habitadas a maior parte do ano como primeira residencia -, 333 secundarias (segundas residencias, habitadas de forma intermitente, especialmente as fins de semana) e 374 deshabitadas (Nas que non reside ninguén, independientemente do seu estado).
No concello existe un total de 78 instalacións que corresponden ó capítulo
Antigas escolas de “Equipamentos”. A superficie cuberta destas instalacións (contando as diversas plantas dos edificios), é de 13.209 metros cadrados, e a ocupada polos solares de 290.950 metros cadrados.
Dous, corresponden ó eido da sanidade. Hai un consultorio local en Baamonde e un centro de saúde en San Lázaro (San Pedro de Begonte).
Coa denominación de Parques existen 18, incluíndo as áreas recreativas, campos de festa… moitos deles asfaltados, con árbores e bancos.
Hai 12 espazos deportivos: campos de fútbol, un pavillón polideportivo e unha pista polideportiva.
As instalacións culturais son 16: varios centros culturais, un museo, unha casa da cultura e as antigas escolas, habilitadas como centro de reunión para os veciños.
Tres están dedicadas ó ensino: colexios públicos en Baamonde e Begonte e a escola de Gaibor
para alumnos de catro e cinco anos que logo pasan ó colexio de Begonte.
Cinco están sen uso. Son edificios que foron de uso público e na actualidade non se utilizan: antigas escolas e as básculas.
Vinte son cemiterios. Hai un por cada parroquia do concello, agás San Pedro Félix de Cerdeiras, que ten dous, un xunto á igrexa parroquial e o outro na capela de Ximarás.
E, por fin, dous edificios de uso municipal.
"As ilustracións e os datos de infraestructuras e equipamentos que se facilitan, corresponden á tese de licenciatura do begontino Carlos Díaz Redondo, na Escola Polítécnica Superior de Lugo".

