Ir o contido principal

193 traballos ofertados no Ben Empregado 3, prazo solicitude ata o 3 de febreiro

Concello de Begonte

193 traballos ofertados no Ben Empregado 3, prazo solicitude ata o 3 de febreiro

Desde o 23 de xaneiro e ata o 3 de febreiro 2017 está aberto o prazo de solicitude para optar a 193 traballos ofertados no programa  Ben Empregado 3 da Deputación de Lugo que corresponden a 178 empresas e colectivos de toda a provincia.

Para a correcta execución do programa de fomento de emprego da provincia establécense 2 liñas de subvención para repartir as 193 postos:

Liña 1: dirixida a pequenas empresas e microempresas (segundo a definición recollida na Recomendación 2003/361 da U.E), calquera que sexa a súa forma xurídica, empresarios individuais e profesionais, comunidades de bens e sociedades civís e nos seguintes supostos de contratación:

1.a.: Contratación de desempregados  126 postos

1.b.: Contratación de desempregados de difícil inclusión laboral 39 postos

Liña 2: dirixida a entidades sen ánimo de lucro tales como: asociacións, federacións, fundacións, e similares. 28 postos

Máis información e documentación para solicitar en Ben empregado 3.