Ir o contido principal

5 º Festival de Teatro organizado pola Asociación Cultural Castiñeiro Milenario.

5 º Festival de Teatro organizado pola Asociación Cultural Castiñeiro Milenario.

5 º Festival de Teatro organizado pola Asociación Cultural Castiñeiro Milenario.

A Asociación Cultural Castiñeiro Milenario organiza o Quinto Ciclo de Teatro nas seguintes datas:

O 21 de outubro ás 18 horas na Casa da Cultura en Begonte, o Grupo de Teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla vai representar "Clarexa que non é pouco", adaptación da coñecida e recoñecida obra de José Luis Cuerda. Unha comedia surrealista para todos os públicos.

O 28 de outubro ás 17 horas no local social da Asociación Veciñal do Castro (Begonte), Unidade de Ozono vainos traer a súa obra "A quimera do maxín", comedia dirixida a un público infantil e e familiar.

Para rematar o ciclo deste ano o 4 de novembro ás 19h30, contaremos coa presenza da compañía Lucecús Teatro coa obra "PinguíSOS" unha traxicomedia social, dirixida a un público infantil e e familiar.

Agradecen á Deputación de Lugo o programa de teatro Buxiganga, ao Concello de Begonte a cesión da Casa da Cultura e a AV do Castro por deixarlles o seu local social para poder facer este ciclo teatral.

+info na páxina https://castinheiromilenario.wordpress.com/2017/10/15/5o-ciclo-de-teatro/