Ir o contido principal

MELLORA DA REDE DE ABASTECEMENTO MUNICIPAL DA AUGA POTABLE NOS DEPÓSITOS DE SANTALLA E GAIBOR

MELLORA DA REDE DE ABASTECEMENTO MUNICIPAL DA AUGA POTABLE NOS DEPÓSITOS DE SANTALLA E GAIBOR

MELLORA DA REDE DE ABASTECEMENTO MUNICIPAL DA AUGA POTABLE NOS DEPÓSITOS DE SANTALLA E GAIBOR

O Concello de Begonte en maio deste ano solicitou por medio do procedemento (AU300A) publicado por Augas de Galicia no que se aprobaban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dentro da liña de actuación de Mellora da eficiencia dos sistema de abastecemento de auga, para a Mellora da rede de abastecemento municipal da auga potable nos depósitos de Santalla e Gaibor.

Recibida de Augas de Galicia a resolución de concesión en xullo 2021, iniciouse o procedemento para a contratación e realización da obra obxecto da subvención.

A actuación englóbase dentro das actuacións correspondentes á mellora da rede de Abastecemento de Auga Potable do concello de Begonte, concretamente nos depósitos de Santalla de Pena e Gaibor.

Ámbolos dous depósitos de almacenamento estan semi-soterrados aproveitando o desnivel do terreo, e dispoñen dunha edificación anexa onde se sitúan os equipos de tratamento e control.
Dado que a instalación actual existente para o tratamento de auga nos depósitos presentaba
numerosas carencias dada a súa antigüidade as actuacións realizadas facilitan o seu control, xestión e mantemento.
Asemade realizaronse melloras na instalación do sistema de cloración do depósito incluídas na instalación dun panel de cloración.

A obra está financiada no marco do eixe REACT-UE do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, financiada como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.